O Concello conclúe a promoción do patrimonio aresán en Equiocio 2024

Comparte esta nota de prensa

Durante estes últimos tres días, dende o venres até onte, a Concellaría de Turismo mantivo activo o stand turístico municipal instalado no certame de hípica Equiocio, xa referencia a nivel galego, establecendo así un espazo informativo para dignificar o patrimonio cultural, a riqueza paisaxística e a ampla grella de actividades que temos en Ares.

Alí estivo Lucía Blanco, concelleira de Turismo, que recepcionou no propio stand ás principais autoridades involucradas na materialización do evento, dende á propia Patricia Lago, organizadora do certame, ó Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, ou á Delegada Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Blanco aproveitou para agradecer a oportunidade de reforzar o posicionamento turístico de Ares a través do posto de información e resaltou a relevancia de que a localidade estea representada nesta tipoloxía de eventos onde se producen sinerxias tanto con outros municipios coma con axentes do sector deportivo e cultural de Ferrolterra.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña