O Concello Ares recibe unha axuda polo importe de 16.640,00 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdades da Xunta de Galicia ao abeiro Resolución do 5 de xaneiro de 2023 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023.

Esta axuda representa un 86,04 % do orzamento destinado a adquisición  equipamentos necesarios, tanto de natureza tecnolóxica, de oficina e de mobiliario dando por satisfeita a necesidade inicial de renovación e adaptación para unha mellor prestación do servizo.

Con esta financiación o CIM do noso Concello novos computadores, impresoras, tabletas e similares, así coma mesas, arquivadores e similares, para poder prestar así un servizo integral nas funcións que ten encomendadas e dar estrito cumprimento ás esixencias de dotación de recursos materiais dos propios centros

 

Ares, 20 de abril do 2023