O Concello anuncia a apertura do período de inscrición para a Terceira Ruta do Sendares 2023-2024

Comparte esta nota de prensa

Nesta ocasión, a iniciativa municipal levaranos A Val do Dubra, cun traxecto circular de 14 quilómetros, co foco posto en explorar a beleza da paisaxe ao longo do río Dubra

A partir de mañá, venres 27 de outubro, ás 18:00 horas, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta nova aventura, con 25 prazas dispoñibles e un custo de 15 euros.

A Concellaría de Deportes anuncia a apertura do proceso de inscrición para a próxima ruta do programa de sendeirismo municipal, o SendaAres. A inscrición para o terceiro percorrido estará dispoñible a partir de mañá, venres 27 de outubro, ás 18:00 horas, a través da páxina web do Concello (www.concellodeares.gal).

Nesta ocasión, os participantes poderán explorar o lugar de Val do Dubra, realizando un itinerario circular desde O Campo da Feira de Bembibre pola marxe dereita do río Dubra ata chegar a Insua de Santa Mariña de San Román, para continuar polo cauce do Rego do Portonabo, e descubrir a súa fervenza.

A travesía levarase a cabo o domingo 19 de novembro, cunha distancia total de 14 quilómetros e un nivel de dificultade baixo. A inscrición ten un custo de 15 euros con servizos de guía, seguros e transporte incluídos. O autobús sairá da praza da Igrexa  ás 08:00 horas e regresará ao punto de partida ás 17:00 horas.

A área de Deportes habilitou 25 prazas para esta actividade. As inscricións asignaranse por orde de solicitude ata o 12 de novembro ás 00:00 horas ou ata que se esgoten as mesmas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN RUTA 3 – Val do Dubra: https://forms.gle/Dt6mnkjcpWQbftHJA

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña