O Concello anuncia a apertura do período de inscrición para a Segunda Ruta do Sendares 2023-2024

Comparte esta nota de prensa

Nesta ocasión, a iniciativa municipal levaranos ás Penas de Traba en Laxe, cun traxecto de 16 quilómetros, co foco posto en explorar a beleza da paisaxe e a cultura local.

A partir de mañá, xoves 28 de outubro, ás 18:00 horas, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta nova aventura, con 25 prazas dispoñibles e un custo de 20 euros.

A área de Deportes do Concello anuncia o lanzamento do proceso de inscrición para a próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo municipal. A inscrición para o segundo percorrido estará dispoñible a partir de mañá, xoves 28 de setembro, ás 18:00 horas, a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta travesía, os amantes do sendeirismo terán a oportunidade de explorar a contorna de Penas de Traba en Laxe, gozando das marabillas naturais que o rodean. Esta ruta incluirá visitas aos Penedos de Pasarela e os Penedos de Traba, formacións graníticas erosionadas polo vento que caracterizan á Serra de Pena Forcada na Costa da Morte. Desde a Torre da Moa, poderanse admirar as impresionantes vistas da praia de Traba.

O itinerario levarase a cabo o domingo 22 de outubro, cunha distancia total de 16 quilómetros e un nivel de dificultade baixo. O custo de inscrición de 20 euros inclúe servizos de guía, seguros e transporte. O autobús partirá ás 08:00 horas e regresará ao centro da vila ás 18:00 horas, no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellería de Deportes habilitou 25 prazas para esta actividade. As inscricións asignaranse por orde de solicitude ata o 12 de outubro ás 00:00 horas ou ata que se esgoten as mesmas.

Pódeche interesar