O Concello adxudica as obras para a recuperación do camiño de As Salgueiras en Chanteiro

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, anunciou a contratación das obras para a recuperación do camiño das Salgueiras.

Esta intervención  busca embelecer o litoral da enseada da praia de Chanteiro e permitirá a conexión entre o areal e o centro histórico das baterías da punta do Segaño.

O  investimento total do proxecto ascende a 79.989,32 euros, que se sugrafarán con cargo a unha subvención  tramitada polo Concello ante de Turismo da Xunta, a través dos Fondos Next Generation,  concedida por importe de 71.990,39 euros.

No proxecto técnico contémplanse dous tramos que serán obxecto de actuación. No primeiro, de 240 metros de lonxitude e 4,5 metros de ancho, aplicarase un tratamento de rega reparador. O segundo tramo, unha senda peonil de 480 metros de lonxitude e 1,5 metros de ancho, construirase utilizando un pavimento de terra estabilizada e aproveitando a pedra da zona, creando unha base drenante natural. A maiores, ao longo desta senda instalaranse bancos e papeleiras cada 50 metros para disfrutar da vista ao mar.

Tras o cumprimento deste paso no procedemento de licitación, os traballos darán inicio nas próximas semanas.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,