O Concello activa o servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”

Comparte esta nota de prensa

O prazo de inscrición abrirá a próxima semana, pudendo achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais da localidade ou por rexistro electrónico na web institucional. 

A área de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha do “ConciliAres”, o servizo municipal que fomenta a conciliación durante os meses de xullo e agosto, xa consolidado coma un dos principais instrumentos da localidade para axudar a pais e nais no coidado dos máis pequenos. Así, a próxima semana abrirá a inscrición para todas as persoas interesadas, estendéndose dende o luns, 16, ata o 31 de maio.

O ConciliAres destínase a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, baseándose nos seguintes criterios de acceso: crianzas empadroadas no Concello de Ares con algún dos proxenitores traballando (periodización dos casos nos que traballen ámbolos dous proxenitores); nenos e nenas empadroados con informe previo dos Servizos Sociais; nenos e nenas NON empadroados no Concello con algún proxenitor traballando no termo municipal; nenos e nenas NON empadroados e sen ningún proxenitor traballando en Ares no caso de non cubrir as prazas ofertadas.

Habilitaranse 40 prazas por quincena con varios tramos de cotas en función da renda mensual dos solicitantes, aínda que o prezo máis alto do servizo será de 100 euros polo mes completo para empadroados e 130 no caso dos non empadroados. Nas bases tamén se establecen bonificacións no prezo dun 30 % para as crianzas pertencentes a familias numerosas e descontos da mesma porcentaxe dende o 2º irmá que participe na actividade.

O servizo despregará un amplo programa de de actividades lúdico-educativas, normalmente na pista cuberta do CPI As Mirandas e as Escolas do Lago, que irán dende xogos simbólicos e cooperativos a manualidades e accións de animación á lectura, potenciando a interacción e participación da mocidade entre os seus iguais.

Para formalizar a inscrición, entregarase toda a información requirida nas bases do proxecto no Departamento de Servizos Sociais de Ares, organismo que xestiona e coordina o ConciliAres, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou por rexistro electrónico na web municipal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña