O Concello activa a penúltima ruta do SendAres na súa tempada de inverno-primavera

Comparte esta nota de prensa

Hoxe, mércores 30 de marzo, ás 23.59 horas, a Organización abrirá o período de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en desfrutar da costa de Ares-Chanteiro.

A actividade levarase a cabo o 24 de abril, percorrendo parte do itinerario das rutas turístico-deportivas do Concello, e terá un custe de 10 euros, xa co transporte de regreso á vila incluído. 

A Concellaría de Deportes da localidade vén de anunciar novidades respecto á penúltima ruta da tempada inverno-primavera do SendAres, a programación municipal de sendeirismo. Esta mesma noite do mércores 30 de marzo, ás 23.59 horas, poderase formalizar a inscrición nesta cuarta iniciativa que hibrida natureza e deporte.

Se nas anteriores ocasións o SendAres percorreu espazos de interese natural e patrimonial en contornas próximas ó municipio aresán, como é o caso de San Sadurniño ou Ferrol, desta volta o itinerario permitirá descubrir a riqueza litoral de Ares, camiñando co mar sempre á vista dos e das sendeiristas. De feito, seguiranse varios tramos das rutas turístico-deportivas incluídas na rede municipal, visitando calas, miradores e baterías costeiras ata acadar a praia de Chanteiro. Será toda unha oportunidade para coñecer ou reexplorar novos espazos do municipio.

A actividade desenvolverase na mañá do domingo, 24 de abril, saíndo ás 9:00 horas da Praza da Igrexa e regresando en autobús á Porta do Sol (Froiz) preto das 14:00. A ruta ten aproximadamente uns 13 quilómetros, dificultade media-baixa e un custe de 10 euros co seguro, guía, desprazamento e avituallamento á metade do percorrido xa incluídos no prezo.

A Concellaría de Deportes habilitará 50 prazas para o itinerario, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición ata o 13 de abril ou ata o seu esgotamento. Lémbrase que o proceso é integramente telemático a través do formulario da páxina web municipal

www.concellodeares.com

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña