O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sétima ruta do SendAres 2022-2023

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa municipal organizará unha saída ata os cantís de Cedeira de 16 quilómetros, divisando a súa contorna e mesmo ata San Andrés de Teixido.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 17 de marzo, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros.

A área de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello. Así, mañá, venres 17 de marzo, abrirase a inscrición telemática do sétimo percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas contemplarán o atractivo da costa de Cedeira, discurrindo dende a ermida de San Santón de Curbeiro cara os montes da localidade e retornando xa polos cantís ata o mesmo edificio relixioso, divisando polo camiño a contorna de San Andrés de Teixido.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 16 de abril, cunha distancia de 16 quilómetros e unha dificultade alta. O prezo, coma no resto de rutas, será de 15 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ó núcleo da vila ás 17:00 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 15:00 horas do 3 de abril ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,