O Club de Lectura Municipal pecha o seu curso cun toque moi doce

Comparte esta nota de prensa

Libros, café e doce, non hai mellor combinación posible para pechar meses e meses de lecturas e conversas compartidas, e iso tamén o saben no Club de Lectura Municipal de Ares. O venres pasado a Alianza Aresana acolleu a súa última sesión, tendo en conta o parón de actividade nos meses estivais, antes de retomar de novo o ciclo de lecturas a partir de outubro.

Para despedirse, tocou rodearse de bos peticos e debullar o que cada unha atopou dentro das páxinas ‘Cualquier verano es un final’, do madrileño Ray Loriga, un autor inscrito dentro da corrente contemporánea do realismo sucio español. Desta volta, a novela de Loriga constrúe unha narración sobre a amizade, o amor e os últimos vaivéns da xuventude, nunha sorte de historia que fala da morte ao tempo que brinda pola vida.

En Cualquier verano es un final mantense o particular estilo de Ray Loriga, unha escritura depurada de parágrafos breves e fluídos, mais tamén cunha potencia visual moi singular.

O único que se pode desexar para pechar o curso do Club de Lectura de Ares é que chegue un verán cargado de boas lecturas!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña