2024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-2

O CIRS de Cervás énchese polo Día Mundial do Teatro

Comparte esta nota de prensa

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende A Coruña até Montevideo, Bos Aires ou Nova York, e xogando constantemente coas cores sobre o escenario, Tarabela Creativa encheu na tarde de onte, 26 de marzo, o CIRS de Cervás co seu espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’ e preto de 100 persoas de asistentes.

A veciñanza de Ares gozou un ano máis do Día Mundial do Teatro 2024 achegándose a unha función que traballaba cunha materia prima moi singular: narracións orais da emigración galega, algunhas delas recompiladas dos propios aresáns que contaron as súas experiencias alén do mar. Un relato que debulla, en última instancia, un substrato fundamental da identidade galega.

Ao materializarse  no marco do CIRS Cervás, tamén se fixo fincapé na historia local, pois a entidade local celebra o seu centenario e lembra, tamén, o seu claro vencello coa emigración.

2024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-12024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-32024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-42024-Dia Mundial do Teatro-Tarabela Creativa-5

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña