O vindeiro domingo 16 de xullo levarase a cabo a primeira edición no noso municipio, da man da Asociación Galega de Escritores, organizadores da cita, xunto coa Concellaría de Cultura aresán.
Dezaseis escritores participarán no evento, divididos en dous grupos, e estarán dispoñibles para asinar as súas obras no paseo marítimo. Este proxecto busca achegar a literatura á xente e brindar a oportunidade de coñecer a escritores locais e independentes.
A iniciativa conta coa colaboración das librarías Nin idea de Ares e Leixaprén de Mugardos, que prestarán o seu apoio á xornada actuando como puntos de venda.