Certame Panxoliñas

O Certame de Panxoliñas pecha a súa décimo terceira edición co mellor das obras corais de Ares

Comparte esta nota de prensa

A Igrexa de San Xosé de Ares acolleu un ano máis o tradicional festival de Panxoliñas, no que a música coral e navideña cobra especial relevancia.

Este mesmo domingo a veciñanza gozou das composicións da banda da Asociación Cultural Xábrega, o coro parroquial, a Rondalla Trovadores de Ares e o grupo veciñal Son de Troula. Unha xornada onde a música non deixou de soar!

Ao acto acudiron a concelleira de Cultura, Alma Barron, e a edila de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, en representación institucional.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,