Este mércores, 23 de novembro, as instalacións do Centro de Saúde aresán acollerán unha nova iniciativa divulgativa, desta volta poñendo o foco no solo pélvico.
Será Mónica Benasach García, matrona na nosa localidade, a que achegará información a todas as persoas interesadas ás 13:00 horas do mércores. Podes inscribirte á charla no mesmo mostrador do Centro de Saúde!