As dez persoas da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do obradoiro dual de emprego Reinicia IX dos Concellos de Ares, Fene, Cabanas e Mugardos, atópanse preparándose para iniciar as súas prácticas para partir do 3 de maio.
Despois de superar con éxito as unidades formativas incluídas no certificado de profesionalidade, o alumnado terá a oportunidade de realizar as súas prácticas nos centros de día de Ares, Caranza e Esteiro, na residencia de maiores de Caranza e no centro de día de Afal Ferrolterra. Isto permitiralles coñecer a realidade de tres centros de traballo diferentes, o cal enriquecerá a súa formación.
Estas prácticas son posibles grazas aos convenios de colaboración asinados entre o Concello e o Consorcio Galego de I+B (para os centros de día de Ares, Caranza e Esteiro), así como o subscrito con Consellería de Política Social da Xunta (para a residencia de Caranza), e a asociación de AFAL Ferrolterra para a correspondente formación práctica no seu centro de día. Esta colaboración entre institucións permite ao alumnado ter unha experiencia práctica en contornas reais de traballo, complementando a formación teórica que recibiron na aula homologada do Centro de Formación Ocupacional situado en Franza.
Durante as prácticas, o alumnado poñerá en práctica os coñecementos adquiridos na aula, como o coidado da hixiene e o aseo das persoas dependentes e a súa contorna, a preparación da habitación dos mesmos, o mantemento da orde e as condicións hixiénicas, os cambios posturales, ou uso de axudas técnicas, entre outros aspectos relevantes na atención socio sanitaria.
Esta experiencia permitiralles ter un achegamento real ao traballo en institucións sociais e adquirir habilidades prácticas necesarias para a súa futura inserción laboral no campo da atención a persoas dependentes.







