O alumnado de Reinicia VIII comeza coas tarefas de conservación da contorna de Montefaro

Comparte esta nota de prensa

Os 10 alumnos/as-traballadores da especialidade de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” levan a cabo traballos de roza como parte das súas prácticas profesionais.

O obradoiro de emprego promovido por Ares, Cabanas, Fene e Mugardos sirve como unha vía para certificar a adquisición de competencias no eido laboral.

Ao longo das pasadas semanas, o obradoiro dual de emprego Reinicia VIII arrancou cos traballos de roza en Montefaro, especificamente no miradoiro da Bailadora, a través dos 10 alumnos/as-traballadores inscritos na especialidade profesional de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

Ata finais de maio, executarán estas tarefas relacionadas coas súas prácticas formativas e en consonancia coa propia metodoloxía de traballo do Reinicia, organizado entre os concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos. O obradoiro fomenta a empregabilidade a partir da conxunción de teoría e práctica, capacitando ao alumnado-traballador para o desempeño profesional de cada especialidade en entornos reais de traballo.

Durante todo o tempo de formación teórica e práctica, o alumnado conta cun contrato de aprendizaxe, mais tamén dispón de orientación laboral individualizada para facilitarlle a súa posterior inserción laboral no sector. Ao termo do Reinicia VIII, cada alumno/a obterá a súa certificación de profesionalidade para acreditar a adquisición das competencias necesarias en cada especialidade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña