O alcalde de Ares e o presidente da Deputación supervisan o avance das obras no último tramo da estrada a Chanteiro

Comparte esta nota de prensa

A intervención actual na DP-0402 aumentará considerablemente a seguridade do espazo e será continuista, cos mesmos materiais e mesma tipoloxía de sección, cos primeiros 3,6 quilómetros realizados previamente.

Os traballos, xa en execución, avanzan a bo ritmo malia a complexidade técnica do trazado, cun gran número de vivendas afectadas.

Julio Iglesias, alcalde de Ares, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, visitaron onte as obras que se están a realizar na DP-0402, a estrada que conecta o núcleo urbano de Ares con Chanteiro, para supervisar directamente o avance da intervención. Estes traballos, comezados no mes de xaneiro, permitirán solucionar unha reivindicación histórica da veciñanza de Chanteiro, mellorando a seguridade do espazo tanto para viandantes coma vehículos.

Durante a visita, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, enfatizou a importancia “de poder conectar Chanteiro con esta intervención, mais tamén Redes coa actuación que se executará alí, pois son dous núcleos fundamentais para Ares”. Iglesias Redondo tamén salientou a resolución “do compromiso adquirido na primeira lexislatura, cando se acometeu a primeira fase desta ampliación” e que terminará agora, na segunda fase.

En relación cos 3,6 quilómetros da vía que se acometeron na primeira fase, González Formoso sinalou que “se completa así unha actuación integral de ampliación e mellora na estrada, na que a Deputación investiu 1,6 millóns de euros”. De igual maneira, o presidente provincial agradeceu “a xenerosidade dos veciños e veciñas de Chanteiro, que están colaborando para que se leve a cabo a execución das obras, facendo posible a creación dunha nova estrada que dará nova vida a unha zona preciosa, pero que tiña un difícil acceso, cun trazado estreito e moitas curvas, situación que agora por fin se resolve por completo con esta segunda fase das obras”.

O proxecto que se está a executar na DP-0402 conta cun importante orzamento de 726.053 euros que permitirá ampliar o tramo que vai do PK 3+700 ao 4+700, dos cinco aos sete metros de ancho para facilitar o cruce de vehículos de gran tamaño, así como o xiro dos coches. O espazo será tamén dotado de novos espazos para os peóns con beiravías e sendas en ambas marxes, desde o pk 3+700 ata o 4+450 e só pola marxe dereita nos últimos 250 metros deste tramo da estrada.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña