O 1 de agosto remata o prazo para inscribirte na XXXI Milla Urbana Concello de Ares!

Comparte esta nota de prensa

Ares prepárase para recibir a XXXI Milla Urbana Concello de Ares, unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

O evento terá lugar o sábado 5 de agosto, iniciando ás 11 horas na Praza da Igrexa e percorrendo o paseo marítimo da localidade.

Os gañadores absolutos recibirán un trofeo, e tamén se premiará ao corredor/a máis novo e ao/a máis veterá.

Desde a organización lémbrase que o prazo para inscribirse finaliza o martes 1 de agosto ás 23.59 horas.

Os dorsais poderán retirarse na Alianza Aresana os días xoves 3 e venres 4 de agosto, de 9 a 13 horas, ou o mesmo sábado no lugar da proba ata media hora antes do inicio.

Inscríbete a través da seguinte ligazón e forma parte da XXXI Milla Urbana Concello de Ares!

https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña