Novos camiños para garantir a mellora da accesibilidade no Parque Rosalía de Castro de Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de completar a intervención neste pulmón verde incorporando sendas con terra estabilizada, aplicando un sistema de solo eco-estable de 20 cm de espesor e instalando diferentes mobiliarios urbanos pola contorna, con bancos e papeleiras de ferro fundido.

Os traballaron supuxeron un investimento próximo aos 49.691,51 euros, impostos incluídos, a través dunha subvención para actuacións de embelecemento do litoral galego e o turismo inclusivo.

A veciñanza aresá xa pode estrear nestes últimos días os novos camiños, bancos e papeleiras que se instalaron nun dos espazos naturais máis importantes para a vila: o Parque Rosalía de Castro. Neste pulmón verde vén de actuar a Concellaría de Urbanismo, no marco da execución do proxecto de mellora da accesibilidade para potenciar un turismo competitivo e inclusivo que se estaba a desenvolver.

Deste xeito, durante o último mes incorporouse unha pavimentación de terra estabilizada mediante solo eco estable con 20 cm de espesor e formouse un bordillo de madeira de pino para conter as zahorras.

Deixouse así atrás o pavimento de gravilla, incómodo e que supoñían unha barreira arquitectónica para as persoas con mobilidade reducida, logrando así unha homoxeneización co resto de sendas do parque, tamén con chan ecolóxico. Xunto a isto, tamén se colocaron diferentes bancos de tablillas, cadanseu coa súa papeleira octogonal de ferro fundido ao carón.

A obra contou cun orzamento de preto de 50.000 euros, IVE incluído, 44.722, 36 euros asumidos por Turismo de Galicia e o importe restante, 4.969,15 euros, polas arcas do Concello de Ares.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, salientou que “esta supón outra mellora nunha das contornas máis atractivas do municipio. Forma parte da estratexia do goberno local centrada na renovación de todo o tramo da fachada marítima, unha planificación que inclúe tamén actuacións xa realizadas en anos anteriores, como é o caso da renovación das varandas de madeira do parque e do paseo, ou as que se están a levar a cabo na actualidade na área de xogos infantís, executadas con cargo a dúas liñas de subvención en paralelo para renovar os pavimentos de seguridade e os xogos dos pequenos e pequenas”.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña