Música, narración oral, poesía e moita literatura polas Letras Galegas 2024

Comparte esta nota de prensa

Ares celebrou o Día das Letras Galegas con dúas programacións por parte da Concellaría de Cultura ao peche da semana pasada, sempre co galo de homenaxear a Luísa Villalta, a poeta que se conmemora neste ano, e á literatura de Galicia.

Deste xeito, os versos de Villalta resoaron con forza no salón de actos da Alianza o xoves, 16 de maio, co espectáculo de ‘Indóciles’, no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut puxeron voz á gran poeta contemporánea, reinterpretando o legado de Villalta a través da combinación de música, poesía e narración oral.

Continou a programación o sábado, 18 de maio, coa conversa que mantiveron Alma Barrón, concelleira de Cultura, e o escritor Pablo J. Rañales arredor de Os afogados, a primeira novela en galego do autor e gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2023.

Durante o acto, que se achegou até o interior do Estuary Bar por mor da climatoloxía, agromaron as temáticas que definen a obra de Rañales, dende a relación coa natureza á reivindicación do agarimo e o xogo como forzas motoras no día a día, mais tamén se fixo fincapé na importancia de levar a cultura até os espazos de ocio con formatos como o vermú literario que protagonizou a segunda xornada das Letras Galegas 2024.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña