Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

Comparte esta nota de prensa

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado na Agrupación Instrutiva de Caamouco, conmemorando os 150 anos do seu falecemento este 2024 e o centenario do Hospital Hijas de Galicia da Habana que ela impulsou.

A xornada estivo promovida pola Comisión Organizadora da Homenaxe a Andrea López Chao e foi inaugurada por Dani García, presidente da Agrupación, e Alma Barrón, concelleira de Cultura, que fixo fincapé no compromiso de todo Ares coa memoria alén do mar.

Tamén asistiu Patricia Arés Muzio, bisneta de López Chao e directora en Psicoloxía na Universidade da Habana; Violeta Ramos Valdés, cineasta cubano-galega que traballa nun documental sobre a figura da mestra galega e do que se puido ver un pequeno avance; María Xosé Porteiro, xornalista e escritora; Daniel Vázquez Vila, historiador e Director en Estudos Culturais e a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.