martes, 5 de decembro, durante a celebración do Día Internacional dos Voluntarios, o Concello levou a cabo un evento en recoñecemento ao traballo voluntario de Protección Civil de Ares

Comparte esta nota de prensa

Neste acto, outorgáronse distintivos en recoñecemento aos anos de servizo e dedicación na agrupación local.

Ademais dos homenaxeados, estiveron presentes o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, o concelleiro de Seguridade, José Juan Vilar Rico, xunto cos concelleiros do grupo de goberno e os portavoces de todos os grupos políticos que conforman a corporación.

As mencións entregadas foron as seguintes:

– MANUEL IGLESIAS BUJONES: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.
– JESÚS BARDANCA GARCÍA: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.
– MONTSERRAT LAMAS MONTERO: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.
– JOSÉ JUAN VILAR RICO: 10 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Medalla de Mérito, Honorífica e á Constancia na súa categoría de Ouro.

Estendemos as nosas felicitacións a todos eles polo seu labor e entrega como voluntarios/as!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,