Máis de 40 participantes sumáronse ao VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

Onte o Casino Aresano transformouse en sede efémera do VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares, un evento que recupera as dinámicas e sinerxias do pasado, pois a localidade tivo anos atrás unha competición estable semellante a ésta, promovida neste 2024 pola Escola de Xadrez da Galicia Norte, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio da Concellaría de Deportes.

Preto de 40 axedrecistas achegáronse en horario de mañá e de tarde para desputar as partidas baixo un ritmo de xogo de 20 minutos por deportista baixo a modalidade coñecida como ‘suíza’. Houbo rostros de concentración, silencio e un bo percorrido de taboleiros de xadrez  para que os espectadores tamén puideran seguir de preto o desenvolvemento dos diferentes xogos.

Ás xornadas acudiu Alma Barrón, concelleira de Deportes, e formalizou a entrega dos galardóns para os tres primeiros clasificados nas diferentes categorías do torneo, marcadas pola amplitude dos rangos de idade. Houbo 21 trofeos a repartir entre os sénior, veterán (+ 60 anos), sub-18 anos, sub-16 anos, sub-14 anos, sub-12 anos e sub-10. O evento, de feito, tivo carácter oficial: os resultados son válidos para sumar no ránking nacional ou internacional dos axedrecistas.

Dende a Concellaría de Deportes agredeceron a involucración do Casino Aresano para prestarse como sede da iniciativa, mais tamén o traballo coordinado das dúas escolas de xadrez da comarca que materializaron o evento, co desexo de que a veciñanza estableza vínculos entre si arredor deste deporte mental común que os une.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,