Lucas Slalom Cup 2025: un torneo internacional para lembrar ao veciño aresán Lucas Seijo Fernández

Comparte esta nota de prensa

A Coruña celebrou esta fin de semana un evento que foi moito máis aló do deportivo: a Lucas Slalom Cup, unha competición internacional de patinaxe Inline Freestyle que organizou o Club Alquima da cidade herculina para rendir unha profunda homenaxe ao aresán Lucas Seijo Fernández, falecido nun tráxico accidente en setembro de 2024.

O seu recordo estivo presente para organizadores, participantes, asistentes e voluntarios que se sumaron á iniciativa, que lembrou a paixón de Lucas polos deportes de rodas, chegando incluso a proclamarse Campión Galego de Slides e Subcampión de España de Salto no Campionato Promesas. Na súa mocidade xa avanzaba paso a paso para abrirse camiño no mundo da patinaxe.

De feito, os seus compañeiros e compañeiras do Club Alquimia resaltaron o evento como unha “celebración do legado e do amor de Lucas polo deporte”, e así o amosaron nas pancartas que se puideron ver dende no Pavillón Polideportivo de Monte Alto: #SempreLucas.

O Concello de Ares tamén estendeu o seu agradecemento polo convite para participar nun evento tan importante para a vila e toda a súa comunidade, sumándose á entrega de galardóns coa presenza de Alma Barrón, tenente-alcalde e concelleira de Deportes.

Grazas polo voso esforzo, grazas por facer realidade esta Lucas Slalom Cup 2025!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.