Lost in Woodlands Photography – Exposición Fotográfica “Capturando a Natureza”

Comparte esta nota de prensa

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, continúa coa presentación da súa exposición Capturando a Natureza na Casa da Xuventude do Concello de Ares.

Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará por primeira vez en Ares.

Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e as veciñas Asturies e Cantabria a través das imaxes do fotógrafo mugardés Álvaro Lamas e seu proxecto fotográfico Lost in Woodlands Photography.

Paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta exposición que continua o seu periplo este 2023.

Capturando a Natureza quizá sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturales que me sorprenden pola sua beleza, o seu explendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con ruxientes fervenzas ou xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento e solpores en acantilados que dan un vértigo terrible. Sen embargo, outras veces un diminuto, cogumelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturarla.

A mostra está composta por case unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia, e nunhas dimensións de 50x75cm.

A exposición estará dispoñíbel desde o 15 de Xuño ate o 27 de Xuño de Luns a Venres co horario de 9:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30.

Máis información sobre o proxecto Lost in Woodlands Photography:

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado