‘Lightyear’, o próximo filme a proxectar dentro das sesións de cine de verán

Comparte esta nota de prensa

As Escolas do Lago acollerán este mesmo xoves, 8 de agosto, unha nova sesión do ciclo de cine de verán que impulsa o Concello no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Ás 22:30 horas chegará a quenda da película ‘Lightyear’ (2022), con entrada de balde, un filme perfecto para os pequenos e pequenas, pero tamén para as súas familias.

A longametraxe achegarase á historia da orixe de Buzz Lightyear, a popular personaxe de Pixar que formou parte de ‘Toy Story’, e o seu pasado como Gardián Espacial nunha aventura emocionante, chea de xiros humorísticos, acción no espazo e ciencia ficción!

Cartel Cine de Verán “Lightyear”

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña