Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa Fomento

Comparte esta nota de prensa

A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, ademais de levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións.

A intervención traducirase nun investimento de 155.139,93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras na rúa Fomento, unha actuación que mellorará os servizos e os pavimentos e que se configura, ademais, como outra das importantes intervención urbanísticas que se realizarán en Ares dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, cunha achega de 155.139,93 euros para materializar o proxecto municipal.

Segundo o proxecto técnico dos traballos de mellora que se veñen a licitar, as obras renovarán a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, levándose a cabo tamén obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

Ademais, cubrirase a rúa cunha capa de rodadura con formigón, eliminando así as irregularidades do firme existente, instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación.

No tocante á formulación de ofertas, a licitación xa se atopa dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público coa posibilidade de presentalas ata o 11 de decembro.

Sobre os fondos que se executan a través do POS da Deputación, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, contextualizou a planificación municipal: “Todas as actuacións que incluímos no Plan Único enfócanse principalmente á mellora e renovación da infraestrutura de abastecemento e saneamento e, tamén, á execución de novas pavimentacións. Acontece así na rúa San Xosé, na rúa Fomento e na rúa dos Anxos, todas no POS 2022 e POS adicional deste ano”. Entre as tres actuacións, de feito, supéranse os 425.000 euros de investimento total sumando fondos provinciais e municipais.

Olimpia Marcos, puxo en relación esta mellora das rúas San Xosé, rúa de Os Anxos e rúa Fomento coa “planificación que estamos a executar desde o Concello centrada na renovación e humanización das rúas do núcleo urbano de Ares. Falamos de intervencións que afectan á rúa Fomento, María, Alfolíes, Cisne…incluíndo a toda a contorna do Porto, que está somerxida nun amplo proceso de humanización e do que próximamente se iniciará a seguinte fase”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña