Luis Felipe Sánchez Cousido, facultativo especialista en oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), xunto a Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, afondarán nesta tipoloxía de cancro e o seu impacto, baixo a título “Falando de cancro de mama. Afrontando o diagnóstico”.
A charla será mañá xoves 30 de novembro, ás 18.00 horas, nas instalacións da Alianza Aresana. A entrada é totalmente de balde e contará con acceso libre, sen necesidade de reserva previa.