A concellaría de Deportes preparou un amplo abanico de actividades para todos os grupos de idade, combinando a conciliación, práctica deportiva, diversión e aprendizaxe.
A oferta abarca desde os máis pequenos, cos campamentos deportivos urbanos e xogos nas parroquias, ata os mozos, co programa “Xuventude Verán Activo”, que inclúe actividades como manexo de drons, deportes acuáticos, artes marciais e danzas urbanas.
O período de inscrición para estas actividades será ata o luns, 19 de xuño, para os empadroados en Ares. A partir do 21 de xuño, as persoas que non estean empadroadas tamén poderán solicitar prazas. Os prezos varían segundo a actividade seleccionada.
Ademais, ofrécense sesións gratuítas de zumba e bailes latinos ao aire libre na Praza da Constitución da localidade. Estas actividades levaranse a cabo durante todo xullo e a primeira quincena de agosto, os martes e os xoves, de 20:30 a 21:30 horas. As inscricións realízanse por xornada antes das 11:00 horas do día anterior á actividade.
Na páxina web municipal (www.concellodeares.gal) atoparás toda a información sobre as actividades deportivas de verán en Ares!