Encontro sedes-Fundacion Celta de_Vigo-2

A concelleira de Deportes, Alma Barrón, asistiu onte en Balaídos ao encontro de sedes dos Campus organizados pola Fundación Celta de Vigo, unha iniciativa lúdico-formativa da que a nosa localidade é partícipe dende os seus inicios.

A visita, a maiores de actuar coma reunión institucional con representantes do club de fútbol e doutros municipios involucrados, tamén serviu para lembrar a apertura das inscricións realizada o 14 de marzo, amais de salientar que os inscritos/as previos ao 16 de maio poderán beneficiarse dun prezo reducido.

No que atinxe a Ares, a área de Deportes informou das datas de celebración da iniciativa no Campo Prados Vellos: do 15 ao 19 de xullo e, posteriormente, do 22 ao 26 de xullo na modalidade de porteiros. Todos os campus levaranse a cabo dende as 9:45 ata as 13:45 horas.

Máis información en https://rccelta.es/fundacion/actualidad/en-marcha-el-campus-de-verano-fundacion-celta-by-cabreiroa-2024/.