Inicio de novas obras para a renovación do abastecemento nas rúas María e Real

Comparte esta nota de prensa

O Concello informa do inicio das obras de renovación do abastecemento na rúa María (desde a praza da Igrexa ata a avenida de Mugardos) e Real (desde a avenida de Mugardos ata as escolas do Lago).

O importe da actuación ascende a 103.320,25 €, sufragados con cargo ao POS 2020.

Esta nova intervención para reforzar o servizo de subministro en todo o caso urbano está centrada na modernización das infraestruturas de abastecemento coa substitución das antigas tubaxes de fibrocemento, ademáis de melloras na rede de saneamento e a renovación de pavimentos.

O cortes de tráfico nestes tramos, necesarios para a realización dos traballos, serán debidamente sinalizados polos operarios de obra e a Policía Local, establecéndose as vías de circulación alternativas para o tráfico rodado, co obxecto de ocasionar as menores molestias durante o seu trascurso.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña