Inician as obras de renovación de servizos e pavimentos na rúa Fomento

Comparte esta nota de prensa

A intervención permitirá efectuar unha modernización da rede de saneamento, pluviais e abastecemento, xunto coa execución de traballos civís en electricidade e telecomunicacións. Ao remate, aplicarase unha renovación dos pavimentos.

Implicará un investimento de 155.139, 93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do arranque das obras na rúa Fomento, a intervención que mellorará os servizos e os pavimentos, inscrita no marco do Plan Único da Deputación da Coruña. Segundo o proxecto técnico, os traballos renovarán a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, levándose a cabo tamén obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

A maiores dos servizos, tamén se cubrirá a rúa cunha capa de rodadura de formigón, eliminando as irregularidades do firme existente; instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación. Mobilizarase un orzamento de 155.139,93 euros e prevese que estará executada antes da entrada do verán.

Estes traballos que veñen de iniciarse agora, coma expoñen dende a área de Urbanismo municipal, están estreitamente vencellados coa planificación do Concello para a renovación e humanización das rúas do centro urbano de Ares, o que implica en si mesmo continuar efectuando pasos no progreso das infraestruturas públicas da vila, como xa se materializou, por exemplo, nas rúas San Xosé, María, Alfolíes ou Cisne.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña