Inaugúrase a mostra pictórica de Gloria López, ‘Bailarinas envueltas en poesía’

Comparte esta nota de prensa

A Casa da Xuventude Municipal acolleu na tarde de onte a inauguración oficial da última exposición que instalou a Concellaría de Cultura  no seu andar superior: ‘Bailarinas envueltas en poesía’, unha colección de cadros pintados pola aresá Gloria López que se hibridan con composicións poéticas relacionadas con cada obra.

Até o 16 de agosto, veciñanza e interesados na arte local poderán facer un percorrido pola sinuosidade de diferentes bailarinas, adentrándose no xogo cromático que a pintora, xunto coa poesía que as envolve. Corpos contorsionados, unha mirada detallista  sobre a práctica  da danza e unha sólida expresión de movemento nas liñas son algúns dos elementos que agroman con especial singularidade nesta mostra pictórica. A beleza, a dificultade e o sacrificio que hai detrás das bailarinas tamén están nas escenas que retrata López, indo máis aló da súa obra paisaxística e de bodegóns.

Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, cunha franxa de tarde os xoves e venres de 20:00 a 22:00 h.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña