Inaugurada a exposición pictórica ‘Un paso adelante’

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza xa ten á súa disposición a última exposición que organiza a Concellaría de Cultura, da man da Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), no andar superior da Casa da Xuventude, ‘Un paso adelante’.

A concelleira Alma Barrón e José Luis Serrano Volcán, artista da mostra, inaugurárona ao peche da semana pasada e enfatizaron o seu valor pictórico, sustentado no emprego das cores e o contraste que hai nelas, caracterizadas ademais por unha abstracción moi expresiva. Cobra especial relevancia nas composicións artísticas a forma dun peixe, o símbolo por antonomasia que utiliza Serrano Volcán cando se produce un cambio importante na súa vida e carreira artística.

José Luis Serrano Volcán licenciouse en Belas Artes na Escola Superior de Artes Plásticas de Caracas e realizou estudos especializados en serigrafía, litografía e gravado na Habana. Foi o gañador do Premio Escola Superior de Artes Visuais Cristóbal Rojas (Venezuela) e ten no seu haber múltiples exposicións tanto individuais como colectivas en España, Cuba ou mesmo Inglaterra.

Os cadros están á venda e todo o recadado destinarase en beneficio dos proxectos da Asociación de Migrantes de Galicia que traballan con persoas en situación de vulnerabilidade social.

Achégate de luns a venres en horario de mañá  (10:00 a 14:00 horas) e, no que atinxe á franxa de tarde, os xoves e venres de 17:00 a 19:30 horas. Estará dispoñible até o 30 de xuño.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña