Por motivo da celebración das Letras Galegas, infórmase á veciñanza que a recollida de residuos voluminosos correspondente ao terceiro mércores deste mes, programada inicialmente para o día 17 de maio, levarase a cabo o seguinte mércores, o día 24 de maio.
Para garantir a correcta disposición dos enseres, lémbrase a todas as persoas interesadas en depositar os seus residuos voluminosos que deberán deixalos a noite do martes, día 23 de maio, nos puntos asignados para tal fin, situados ao carón dos contedores de lixo habituais.
Grazas pola colaboración