III CONCURSO DE MICRORRELATOS

Comparte este evento

DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2023

Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a
vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade.

O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das seguintes frases propostas.

A frase que elixades será o comezo do microrrelato.

FRASES

  • Facía moito tempo que…
  • Chegamos a praia de Estacas…
  • Foi aquel o camiño andado…
  • O seu nome era Rosalía…
  • -Que estraño! -dixo a rapaza avanzando paseniñamente.

BASES

  • O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras.
  • Deberá levar obrigatoriamente un título.
  • O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases. O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
  • Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI As Mirandas.
  • Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria.

CATEGORÍAS

  • Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
  • Categoría B: alumnado de ESO

FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS

  • Por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com
  • Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
  • Prazos de entrega : dende o 12 de abril ao 21 de abril, ambos incluídos (hora límite: 19:30 h )
  • Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote del libros).
  • O xurado estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellería de Cultura.
  • O acto de entrega de premios celebrarase o venres 28 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana

O r g a n i z a: C P I  A S  M I R A N D A S e C O N C E L L O  D E  A R E S

BASES en pdf

 

Pódeche interesar...

Avisos

VeraneAres Deportivos 2024

CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN Nenas e nenos de 6 a 12 anos (Poderán tomar parte só os nenos e nenas con 6 anos ou que os