Hoxe toca despedir o Ares Indiano!!

Comparte esta nota de prensa

Despois dunha fin de semana de viaxar ao pasado, de lembrar ás persoas que construíron o noso presente e de desfrutar, pechamos a celebración agradecendo a toda a veciñanza e visitantes a súa involucración no evento. Houbo música, caracterizacións, roteiros e unha participación máis que positiva!

Edición tras edición, o Ares Indiano medra grazas ao esforzo conxunto de toda a vila; un esforzo por difundir a nosa historia e ambientar as rúas, os negocios, os fogares coma un homenaxe aos que marcharon e loitaron pola mellora do municipio.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña