Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible

Comparte esta nota de prensa

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. O Salón de Actos da Alianza Aresana acolleu a primeira actividade, a sesión da “Aula Gabeiras”, para afondar nas oportunidades de dixitalización na contorna rural.

Mais isto non acaba aquí! Mañá despregarase no Mosteiro de Santa Catalina gran parte da programación, dende a presentación do proxecto dun “Monte soberano” en Montefaro a intervencións artísticas ou obradoiros participativos.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse para acudir presencialmente o en formato dixital contactando co seguinte correo electrónico: 📧info@fundaciongabeiras.com. Podes consultar a información das xornadas, coas que colabora o Concello, na páxina web municipal:

Ampliar nota

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña