Hoxe, 1 de decembro, marca o inicio do MercAres!

Comparte esta nota de prensa

Os negocios xa teñen os seus carteis e ofrecen vales rasca, identificándose como participantes nesta iniciativa deseñada para impulsar o consumo local.

Esta cuarta edición, impulsada pola Concellaría de Comercio, ten como obxectivos apoiar aos pequenos comercios e establecementos de Ares, contribuíndo así ao dinamismo socioeconómico da nosa localidade. Ademais, busca fomentar hábitos de consumo sostibles e brinda a oportunidade de gañar grandes premios ao realizar compras en establecementos de proximidade, coa posibilidade de obter vales rasca de ata 500 euros!

Se queres coñecer que negocios participan na campaña deste ano, bota unha ollada á lista que compartimos a continuación.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña