Algún dos grandes atractivos de Ares de maneira indiscutible son o marisco e o peixe, xa que como vila mariñeira ofrece excelentes pratos “do mar á mesa” da máis alta calidade. Nos diferentes restaurantes aresáns é recomendable degustar entre outros as “ameixas á mariñeira”, “polbo  á  feira”, berberechos ou peixes como “ xibia  guisada”, o produto estrela da festa gastronómica que se celebra no pobo.

Ademais destes produtos de mar, pódense atopar tamén carnes e verduras que proveñen do campo que acompañan aos pratos anteriormente citados.

Entre moitos outros entrantes ou pratos destaca o saboroso “caldo ou cocido galego” ou o “ lacón con  grelos” que non lle deixarán indiferente nesta visita.

Pero se realmente desexa gozar desta experiencia gastronómica, é imprescindible dedicar un paseo polos establecementos para realizar o coñecido “tapeo” e degustar a ampla gama de viños que se atopan nas diferentes cartas dos bares.

Empanada

Nunha tixola ponse a dourar a cebola e mais os pementos. Cando xa estea case feita, engádese a carne cortada en tiras, o chourizo en rodas finas e o ovo duro. Dánselles unhas voltas e déixase arrefriar. Estírase a masa co rolo, úntase unha lata con graxa e colócase unha capa fina de masa. Logo bótase o recheo, esténdese uniformemente e , por fin, tápase coa outra lámina de masa. Adórnase, píntase con ovo e métese no forno medio-forte ata que estea completamente dourada. Para evitar que infle é aconsellable facerlle pequenos buracos coa axuda dun garfo.

Nota: A empanada máis habitual é a de carne, da cal é esta receita. Pero hai outras exquisitas empanadas que non se deben deixar de probar: anguía, vieiras, sardiñas, mexillóns, berberechos, polbo, bacallao, lamprea, coello, raxo, …

Ingredientes:

  • 500 gr. de masa para empanada,
  • 1/2 kg. de carne de ternera, 1 chorizo,
  • 2 pimientos verdes, 4 cebollas,
  • 1 huevo cocido, Sal y aceite.

Sopa de Mariscos

Nunha cazola faise un caldo de peixe. Para su preparación pódense usar cabezas e espiñas, aínda que é aconsellable utilizar algún anaco de peixe como de rabada ou de pescada. Por outra banda, prepárese un mollo coas cabezas do marisco e as nécoras machucadas e pasadas pola peneira; esto dará á sopa unha gran substancia. Unha vez preparado o caldo e o mollo, faise o rustrido a base de cebola, allos, azafrán, pementos, aceite, manteiga e fariña. Unha vez que o rustrido vai callando se lle engade lentamente o caldo de peixe e o mollo de marisco machucado. Móvese para que pouco a poucoco vaia espesando e cando comece a espesar se lle botan as gambas, os mexillóns, o boi da ría, os berberechos e as ameixas. Durante dez minutos dixase que coza e a sopa estará lista.

Para servirla aconsellamos preparar unhos pequenos anacos de pan fritido.

Ingredientes para 6 persoas:

  • 1 kg. de boi da ría
  • 4 nécoras
  • ¼ kg. de gambas
  • 12 pezas de mexillóns
  • 12 berberechos
  • 12 ameixas
  • 1 cebola
  • 4 dentes de allo
  • un pouco de azafrán en rama
  • unha cullerada de pemento dóce;
  • un pouco de fariña
  • ¼ litro de aceite
  • unha noz de manteiga

Ameixas á mariñeira

Déixanse as ameixas unhas horas nun recipiente con auga e sal para que solten ben as areas. Nunha tixola con aceite ben quente refógase a cebola previamente picada. A continuación engádense as ameixas. Cando empecen a abrir, bótase o viño branco, o pemento dóce, o loureiro, o perexil picado e finalmente a fariña. Déixase ferver un intre movéndoas continuamente para que non se peguen. Cando o mollo espese, xa están listas para servir.

Nota: Existen tres variedades: Ameixa fina (Tapes decussata)Ameixa babosa (Venerupis pullastra) esta ameixa é máis alongada ca fina, con liñas concéntricas cruzadas por algunhas radiais moi finas aínda que non chegan a formar cuadrículas, é de cor crema, gris ou marrón. Sifóns unidos en case toda a súa lonxitude. Ameixa loira (Venerupis rhomboideus), a ameixa rubia ten a superficie externa das valvas lisa, brillante e sulcada por liñas de crecemento non sempre claras, é de cor crema, amarelado ou marrón alaranxado.

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 kg, 200 grs. de ameixas
  • unha cebola grande
  • 1/2 litro de aceite; unha rama de perexil
  • unha folla de loureiro
  • 1/2 cullerada de pemento dóce
  • un chisco de pemento picante
  • un vaso de viño branco
  • unha cullerada de fariña.

Caldeirada de Pescados

Cortar as patacas en rodas de un centímetro de grosor. Nunha cazola poñer as patatas e por riba o peixe. A continuación a cebola, o allo, o perexil e mais o pemento, chile e loureiro. Sálpicase xenerosamente con pemento dóce. Báñase todo en aceite e engádeselle auga de caldo ata cubrir a cazola. Poñer a lume forte ata que empeza a ferver e logo baixar ó mínimo para que coza lentamente, movendo a cazola continuamente.

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 kg. de patacas
  • 1,200 kg. de peixe (pescada, rodaballo, rabada, abadexo)
  • cebola; allo; perexil
  • pemento
  • pimento dóce
  • sal
  • chile e unha folla de loureiro.

Cocido Galego

Déixase toda a parte do porco en auga a véspera para que perda o sal. Nunha ola grande bótase o lacón, o xamón, a cachucha, a tenreira, a galiña e os chourizos. Ponse a ferver e cando leve unha media hora cocendo, retíranse os chourizos e engádense os garabanzos. Déixase cocer lentamente o resto da carne e despois de hora e media, sácase un pouco de caldo no que se cocen aparte as patacas partidas en cachelos, e mais o repolo, ben limpo e troceado. Unha vez cocido introdúcense ,de novo, os chourizos para quentalos.
Sérvese en fontes separadas: unha para as carnes, outra para as patacas e a verdura e outra para os chourizos partidos en dous ou tres cachos. Co caldo da cocción pódese facer unha sopa de fideos que se serve antes do cocido.

Nota: Segundo a bisbarra, hai moitas variantes do cocido en Galicia

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 cacho de lacón
  • 1 cacho de xamón
  • 1 rabo de porco
  • 1/2 cachucha
  • 1/4 de galiña
  • 1/4 de carne de terneira ou vaca
  • 1/4 de touciño
  • 6 chourizos, 1 repolo
  • 1 kg. de patacas medianas
  • 1/4 kg. de garbanzos

Lacón con grelos

 

Pónse desala-lo lacón en auga fría durante dous días, trocando o auga a diario. Nunha ola grande cúbrese o lacón con abundante auga e deixase cocer lentamente. Unha vez cocido engádense os grelos, as patacas enteiras e os chourizos, e deixase cocendo ata que se faga. Co caldo sobrante pódese facer unha sopa.

Ingredientes:

  • 1 lacón (pata delantera del cerdo)
  • 6 chourizos
  • 6 patacas grandes
  • 2 mañuzos de grelos

Filloas Doces

Nun recipiente fondo ponse a auga e o sal, engádeselle a fariña e reméxese ben, logo se lle bota o coñac, a monda do limón e os ovos previamente batidos.
Co batedor mestúranse todos os ingredientes (menos o touciño).
Ponse unha tixola ó lume e en canto estea quente, úntase a superficie de mesma co touciño, que soltará unha fina capa de graxa, suficiente para ir fritíndoas unha a unha.
Cun cullerón bótase un pouco do batido movendo a tixola para extender ben o líquido e que quede fino; en canto comece a se despegar do bordo da tixola, dáselle a volta.

Repetir o paso de untar con touciño a tixola entre filloa e filloa.

Nota: Segundo a bisbarra, hai moitas variantes do cocido en Galicia

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1/2 quilo de fariña
  • 1/2 litro de auga
  • 1 ducia de ovos, 1 copa de coñac
  • 1 monda de limón
  • sal e lardo de touciño (touciño groso).

A Aguardente

 

A aguardiente de bagazo (tamén coñecido como bagaño ou bullo) faise utilizando o resto da uva prensada (bagazo), destilado cos alambiques ou alquitaras nas casas labregas. O seu uso máis coñecido é queimalo nas famosas queimadas, despois das comidas. Son moi espectaculares as chamas azuis que o queimador provoca co cazo, mentres recita o conxuro

Conxuro:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.