Galicia sabe a Mar en Ares

Comparte esta nota de prensa

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña Galicia sabe a  Mar que promove a Xunta de Galicia situouse ás portas do consistorio de Ares para ofrecer uns petiscos feitos con produtos de proximidade, das nosas rías e da nosa terra.

E alí estivo tamén a concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Blanco, para apoiar a escolla do noso municipio como un dos puntos seleccionados na dinamización dos produtos do mar, a posta en valor dos profesionais da pesca e o impulso do consumo de proximidade.

Un xeito distinto de gozar de Galicia!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.