JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL

En relación coa convocatoria de Eleccións Locais 2023 o que terán lugar o vindeiro 28 de maio, o prazo de CONSULTA PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERÁ DO 10 DE ABRIL AO 17 DE ABRIL DO 2023, ambos inclusive, mediante soporte informático, no Negociado de Estadística do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, prazo no que calquera persoa pode presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censais.

Para aqueles grupos que poidan verse máis afectados, coma os que cumpriron recentemente 18 anos, existe un teléfono de consulta: 981 217 439, 981 217 426 ou 901 101 900.

 

Ares, 3 de Abril do 2023

O alcalde

Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo