XVI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS “MÓLLATE POLOS RÍOS”

O municipio de Ares súmase á XVI edición da “Limpeza Simultánea polos Ríos”, organizada pola asociación ecolóxica ADEGA, en colaboración coa Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e o Concello. Neste evento, preto de 60 entidades galegas, que inclúen administracións locais, centros educativos e outras asociacións, traballarán ao unísono para limpar os seus cursos fluviais máis próximos, para deixalos libres de lixo e resaltar a importancia de respectar a súa biodiversidade.

O 24 de setembro, os voluntarios e voluntarias de Ares reuniranse no río Frades, preto do Mosteiro de Santa Catalina. A xornada comezará ás 10:30 da mañá e estenderase ata aproximadamente as 12:00.

Recoméndase que os voluntarios leven luvas de cociña (os de vinilo ou látex son máis resistentes), botas de auga, bolsas para recoller lixo e paus con punta, se é posible.

Podes atopar toda a información sobre os participantes en Proxecto Ríos “Móllate polos ríos” en: https://limpeza.proxectorios.org

Se desexas unirte a esta iniciativa en Ares, podes inscribirte chamando ao 639 850 308.

Fecha

Set 24 2023
¡Caducado!

Hora

10:30 am - 12:00 am
Categoría