Viaxe a Portugal

O sábado, 15 de xuño, os e as aresáns poderán visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros que xa inclúe o xantar e o servizo de autobús.

A excursión do Concello partirá dun prezo de 30 euros e realizarase durante o sábado, 15 de xuño, con dous buses lanzadeira dende Cervás e dende a Porta do Sol. Contémplase marchar ás 8:00 h da mañá de Ares e saír dende Portugal ás 19:00 horas.

A área de Benestar abre as inscricións de forma presencial no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza da Constitución de Ares. Os empadroados poderán facelo até o 16 de maio, data na que se abrirá asimesmo o período para que se inscriban os non empadroados.

Poden achegarse até o Departamento de Servizos Sociais de luns a venres, de 8:00 h. a 14:30 h., e formalizar alí a inscrición ata o 7 de xuño. Para máis información, habilitouse o número de teléfono 981 448 354.

Fecha

Xuñ 15 2024
¡Caducado!

Hora

8:00 am - 7:00 pm

Localización

Ares

Localización 2

chanteiro ares

Localización 3

Location Name

Localización 4

Mosteiro Santa Catalina

Localización 5

Redes