SENDARES 2023 – TEMPADA I: de outono a primavera – RUTA 3: ACANTILADOS DA COSTA DE DEXO
Ruta 3: Acantilados da Costa de Dexo
(18 de decembro) – Prezo: 15 euros
- Hora de saída en bus: 08:00 horas.
- Hora de chegada: 15:00 horas.
- Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
- Información técnica: Ruta de 11 km// Desnivel + 315 m // Desnivel – 315 m.
Dificultade: MEDIA – BAIXA.
- Inscricións: ata as 15:00 horas do 8 de decembro na web municipal.
- Límite de 25 prazas por orde de inscrición.
O monumento natural Costa de Dexo- Serantes ocupa un tramo costeiro entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, nas ría de Ares – Betanzos e A Coruña. Este percorrido achegará ós participantes unha zona costeira con calas sorprendentes e formacións xeolóxicas producidas pola forza do mar.