Limpeza simultánea de praias – Praia de Area Morta (Redes)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO
11:00
PRAIA AREA MORTA (REDES)
A Agrupación Instrutiva de Caamouco súmase á súa convocatoria coa colaboración do Concello para limpar a Praia de Area Morta (Redes) nunha iniciativa que busca visibilizar o impacto do lixo no mar e areais galegos. Realizarase o sábado, 15 de outubro, comezando preto das 11:00 horas.
Se desexas botar unha man, realiza a túa inscrición no 680161929 (chamada ou WhatsApp). Lembra que a limpeza está aberta a todos os públicos!