Día da Biblioteca – contacontos “Quen ten cú, ten medo”
O xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, Tarabela Creativa desembarcará no municipio co seu contacontos “Quen ten cú, ten medo”, unha actuación “só para as familias máis valentes” que rescata historias da tradición galega: 60 minutos onde lobishomes, magas, monstros, a Santa Compaña ou as casas encantadas aparecen e desaparecen, pero sempre aprendendo a combater o medo que provocan coa risa.