Charla divulgativa: ‘Estilo de vida nas persoas afectadas polo cancro’

A vila aresá acollerá a segunda charla dentro da Academia AresXSalud, o amplo programa educativo do Concello para aprender a incorporar hábitos saudables no día a día. Desta volta, organizarase a ponencia ‘Estilo de vida nas persoas afectadas polo cancro’ o vindeiro 13 de decembro ás 19:00 horas.

A sesión estará dirixida polo experto José Barcia Tucceli, psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes, e da súa man realizarase unha panorámica dos compoñentes do estilo de vida dos homes e mulleres cunha afectación oncolóxica, amais de entender o impacto da fatiga crónica e as formas de xestionala.

A charla destínase tanto á poboación xeral como á veciñanza que padeza fatiga crónica ou estea afectada polo cancro. O acceso é libre, sen necesidade de reserva previa.

Fecha

Dec 13 2024
¡Caducado!

Hora

7:00 pm - 8:00 pm