“Bailarinas Envueltas en Poesía”, Exposición de Gloria López
Dende o 1 até o 16 de agosto, o andar superior da Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova mostra pictórica no marco do seu ciclo de exposicións multidisciplinares, achegándose desta volta ás obras de María Gloria López Villares.
Calquera persoa interesada poderá visitala de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, incorporando un horario de tarde os xoves e venres de 20:00 a 22:00 h.
A inauguración oficial formalizarase o propio 1 de agosto ás 19:00 h.