Estudantado do CPI As Mirandas adéntrase nas particularidades do ourizo de mar

Comparte esta nota de prensa

Da man da Confraría de Pescadores de Barallobre, mozos e mozas de sexto de primaria do CPI As Mirandas descubriron onte no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro a riqueza mariña do ourizo de mar, un produto que amosa a gran biodiversidade do Océano Atlántico.

O Concello de Ares vén de impulsar esta charla divulgativa inscrita dentro do proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, que inclúe dende estas sesións a escolares impartidas por profesionais do mundo mariñeiro como outras iniciativas de preparación e tratamento do propio ourizo, con showcookings e degustacións, ou a exaltación popular deste produto, sempre co obxectivo de dalo a coñecer e contextualizar o seu valor.

Nesta charla no Centro Cultural Outeiro, o alumnado aprendeu como é o proceso de extracción do ourizo, amais de ver in situ varios exemplares de diferente tamaño, recoñecendo así a súa m morfoloxía e as partes que se preparan despois para degustalas, como acontece na celebración de exaltación anual do Ourizo que se organiza en Chanteiro.

Desta maneira, non só se dá a coñecer o ourizo de mar no eido territorial do Golfo Ártabro, senón que se promociona a cultura mariñeira e a actividade pesqueira de Ares, fomentando os produtos da zona e o consumo local.

Proximamente, o Concello organizará unha segunda charla divulgativa no marco desta iniciativa para os e as escolares o vindeiro 15 de novembro e repartirá entre a veciñanza en xeral un díptico con información sobre o ourizo de mar.

O proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, conta co apoio económico da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o GALP Golfo Ártabro Norte e fondos da Unión Europea.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña