A Alianza Aresana acollerá o xoves ás 19:00 horas unha nova ponencia para divulgar que hai máis aló da xubilación e que circunstancias permiten construír unha boa rutina en termos de saúde despois de xubilarse.
Estará impartida pola terapeuta ocupacional Sofía Puente Saavedra, tamén responsable da área sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), que colabora co Concello de Ares para materializar a charla. Toma nota na axenda e achégate este xoves ao salón de actos da biblioteca!
Esta ponencia enmárcase dentro de Academia AresXSalud, unha iniciativa de divulgación de coñecemento centrada na saúde de crianzas e maiores, amais do impacto positivo do deporte nas nosas vidas, promovida pola Concellarías de Deporte e de Benestar.